PRESÉNTASE NA CORUÑA A PELÍCULA EN FLASH «A CRISE CARNIVORA»

14 / 05 / 2008

A primeira longametraxe realizada íntegramente en animación flash para a gran pantalla, “ A Crise carnívora”, preséntase mañá xoves nos Cines Filmax da Coruña (Centro Comercial El Puerto centro de Ocio), coa presencia da 1º división do humor galego: Manuel Manquiña, Antonio Durán (Morris), Roberto Vilar e Víctor Fábregas (os Tonechos), Farruco, Xose Manuel Piñeiro, Antonio Mourelos, Xurxo Souto, Grupo corre Carmela que chove, así como o director Pedro Rivero, o autor da versión galega, Siro López, e os produtores.

¿Qué pasaría se os animais herdaran a terra?

Profanación de tumbas, eleccións fraudulentas, dous caimáns gais. Linchamentos, vodas reais, menciña tradicional. Un oso panda moi estupendo. Resistencia clandestina. Rebelión. Política. Guerra… así é “A Crise carnívora”,
unha corrosiva comedia coral dirixida ao público xuvenil que tamén estará chea de sorpresas made in Galicia.

A animación foi feita por Nikodemo, os responsables da serie de máis éxito de internet con máis de 50 millóns de visitas o pasado ano: Cálico Electrónico. Antes da película se proxectará en todos os cines un capítulo
inédito.

A preestrea contará entre outros coa presencia da Conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo, así como o equipo da película.

“A crise carnívora” é unha produción de Continental Animación, Abrakam Estudio, Dream e Semprecinema que conta axuda da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, ICAA e a participación de TVG, TV3 e ETB. Latido Films encárgase das vendas internacionais.

Estrea en cines, o 16 de maio:

Coruña Rosales versión castelán

Coruña Filmax versión galega

Carballo Bergantillo versión castelán

Ferrol Naron versión castelán

Lugo Termas versión galega

Orense Cinebox versión castelán

Santiago Área Central versión galega

Santiago Valle Inclan versión castelán

Vilagarcia de Arousa versión castelán

Vigo Plaza Eliptica versión castelán

Vigo Gran Via versión galega

Categoría: Noticias
Etiquetas: