Hoxe, mércores 30 de xaneiro, ás sete e media da tarde, os integrantes de XERMEM Producións presentarán na cafetería da FNAC de A Coruña os seus últimos traballos. No acto, ademáis da presentación pública do equipo na cidade de A Coruña, proxectaránse dúas curtas de animación: “Non retornable” de Marcos Méndez e Eva Rey; e “O Crilo” de Raúl García e Martina Pérez; e, por outra banda, as curtametraxes “En el armario” protagonizada por Luis Zahera, Isabel Blanco, Monti Castiñeiras e Javier Gutiérrez e “Punto kilométrico 406″ protagonizada por Estela Rodríguez e Raúl García, ambas realizadas polos integrantes de XERMEM Producións (Raúl García, Elena Gómez, Marcos Méndez, Jorge Mosquera, Martina Pérez e Eva Rey). Todas as curtas foron estreadas no ano 2007 e xa recibiron un importante número de galardóns na súa curta andaina polas salas e festivais estatais.
Os membros de XERMEM Producións estaremos encantados de contar coa túa presencia.

Un saúdo agarimoso
XERMEM Producións
www.xermemproducions.com