PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN DE MULLERES CINEASTAS E MEDIOS AUDIOVISUAIS

24 / 04 / 2009

O vindeiro mércores 29 de abril, preséntase en Galicia a asociación CIMA (Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais), que abre a súa delegación en Galicia. O acto será ás 12:00 horas na sede do Club Internacional de Prensa, en Santiago, e ó evento están convidados tamén os medios de comunicación, de cara a dar difusión social a esta nova e necesaria asociación.

 

CIMA é unha organización que se constituíu a nivel estatal, con delegacións en distintas Comunidades Autónomas, co obxecto de contribuír a construír unha sociedade máis igualitaria e diversa, fomentando unha presencia equitativa da muller no medio audiovisual. Unha serie de puntos constitúen os obxectivos de CIMA, pero diso é, precisamente, do que se falará nesa rolda de prensa trala que se  conversará posteriormente a carón dun pequeno cátering que se servirá nas mesmas instalacións do C.I.P.A desigualdade existente no sector audiovisual no seu conxunto respecto da muller é palpable e constatable en todo o estado, e non menos en Galicia. Eis o eixe reivindicativo de CIMA, que é hoxe por hoxe en Galicia, unha das delegacións máis fortes do estado.

No acto entregarase un amplo dossier que explicará todo o concernente a esta Asociación, e por suposto, convidarase a tódalas mulleres do sector seguindo o estipulado nos Estatutos da asociación, a sumarse a esta reivindicación, que se ten nos seus distintos aspectos un denominador común: a igualdade de xénero, a non discriminación, a visibilidade do labor da muller, a incorporación desta en profesións audiovisuais habitualmente destinada ós homes, e por suposto, a incorporación da muller en tódolos órganos, equipos de dirección e demais, tanto no ámbito público coma no privado, para lograr rematar coa discriminación da muller no sector, e a igualdade de dereitos e oportunidades.

Categoría: Noticias
Etiquetas: