O PRÓXIMO LUNS, 27 DE ABRIL, ENCONTRO COS FINALISTAS A MELLOR INTERPRETACIÓN PROTAGONISTA E DE REPARTO DOS PMM NA ESAD DE VIGO

24 / 04 / 2009

Os finalistas a mellor interpretación protagonista e de reparto estarán o próximo luns, día 27 de abril, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo, nun coloquio organizado pola Academia Galega do Audiovisual, dentro da actividade Encontros Mestre Mateo, paralela aos Premios Mestre Mateo.

A partir das 19:00, comezará esta mesa redonda que contará coa presenza de Antonio Durán Morris, finalista por “Os mortos van á presa” e “Padre Casares”, Camila Bossa, por “A mariñeira” e Tamara Canosa, por “Pradolongo”. Actuará de moderadora na mesa, Mariana Carballa, actriz e profesora da ESAD.  

O seguinte coloquio, dentro dos Encontros Mestre Mateo, celebrarase na Casa das Campás, no Campus de Pontevedra, o martes, 28 de abril, cos finalistas á mellor obra documental. Acudirán Luis Montenegro, realizador de “Casón 1987”, Xabier Blanco, director de “Casón 1987”, Miguel Mariño, director de desenvolvemento de Alén Filmes, por “Afranio” e “Os nenos de María Soliña”, Quique Batet, xefe de produción de “Eloxio da distancia” e Teo Manuel Abad, director de “Flores Tristes”. Ese mesmo día celebrarase a mesa redonda de dirección artística na Facultade de Belas Artes de Vigo cos directores artísticos Curru Garabal, por “La noche que dejó de llover” e Suso Montero, por “Flores Tristes”. 

Toda a programación dos Encontros Mestre Mateo pódese descargar na sección Premios Mestre Mateo 08.

Etiquetas: