O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, acollerá do 30 de marzo ao 3 de abril un total de 29 películas procedentes de todo o mundo nas suas diversas seccións, que achegaran a Galicia as ultimas tendencias do cinema documental. O festival contara na súa sección competitiva con dez filmes que reuniran realizadores consagrados, coma o mestre do found footage e do cinema experimental, o austríaco Peter Tscherkassky, asi como novas promesas do xénero como Clio Barnard, galardoada en numerosos festivais internacionais como Tribeca ou o London Film Festival e nomeada aos premios BAFTA pola súa película The Arbor. Marcos Nine e orecentemente premiado en Cannes Oliver Laxe serán os representantes galegos dentro desta Sección Oficial a competición.

Na Sección Informativa destaca a presenza de dous prestixiosos realizadores: o director de culto e un dos máximos representantes do cinema underground norteamericano, Lech Kowalski, que entre outras cousas regresa a Play-Doc para estrear a súa ultima cinta e Marcel Łoziński, un dos cineastas polacos mais aclamados internacionalmente e ainda descoñecido no noso pais. Nomeado a un Oscar por 89 mm from Europe e figura clave da súa xeración xunto a Krzystof Kieslowski, Łoziński dará a coñecer algunhas das súas peliculas mais destacadas a traves dunha retrospectiva.

Entre as actividades paralelas programadas, destacan os concertos de Play-Doc, un clásico dentro do festival, nos que se poderá gozar das actuacións en directo dalgúns dos protagonistas dos filmes presentados na sección Documentais de Musica. Aqui e preciso salientar a estrea dun documental que ten o gran musico galego Carlos Núñez como principal protagonista.

A súa vez, Play-Doc continua apostando polo talento a traves do obradoiro O Retrato Filmado, que por terceiro ano consecutivo reflexionara sobre diversos aspectos cinematográficos. Este proxecto, así coma o seminario Docs in Progress, celebrado o pasado decembro, mostran o interese do festival por fomentar e promocionar a creatividade dos novos talentos mediante maneiras alternativas de formación e producion que serán presentadas durante a celebración do certame galego.