PETER OLAF PARTICIPA NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL PARA FALAR DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

22 / 11 / 2004

“A televisión dixital en Europa e a importancia da interactividade” é o tema que o asesor de medios interactivos da DR-Televisión e Radio Pública de Dinamarca, Peter Olaf Looms, desenvolverá nunha das Mesas que, sobre os Novos Media, se celebrará no decurso do II Congreso Galego Audiovisual.

Santiago, luns 22 novembro 2004.- “A televisión dixital en Europa e a importancia da interactividade” é o tema que o asesor de medios interactivos da DR-Televisión e Radio Pública de Dinamarca, Peter Olaf Looms, desenvolverá nunha das Mesas que, sobre os Novos Media, se celebrará no decurso do II Congreso Galego Audiovisual.

Peter Olaf Looms naceu no seo dunha familia anglo-danesa no 1.948. Licenciouse en Ciencia Naturais, concretamente en psicología experimental e neurofisioloxía, na Universidade de Cambridge. Ó remata-los estudios, Peter Looms mudouse a Dinamarca onde realizou traballos no ensino e aprendizaxe de idiomas a nivel profesional. No 1977 integrouse no departamento de emisións educativas da DR –a radio e televisión danesas- para realizar estudios de reciclaxe do profesorado no emprego de recursos audiovisuais, e logo os medios interactivos.

Hoxe ocupa o cargo de asesor en materia de políticas e estratexias na dirección do departamento de medios interactivivos do DE. O enfoque é a televisión dixital e servicios de banda ancha. Co visto bo de DR, Peter Olaf Lomms ten vinculacións estreitas coa Universidade das Tecnoloxías da Información de Copenhague, a Universidade de Hong Kong e Murdoch University de Perth, Australia, para os seus programas de posgrao: o I&d.

Peter Looms é presidente dun grupo europeo da UER, a Unión Europea da Radio na UET (Unión Europea de Televisión), e da EICTA (Asociación Europea de Productores de Tecnoloxías do Consumidor) sobre o fomento de Persoal Dixital Recorders (PDR) para a televisión dixital terrestre.

A presenza de Peter Olaf Looms ten para o Congreso Galego Audiovisual unha gran importancia, dado que está considerada unha das persoalidades máis salientables a nivel internacional en materia de televisión dixital, o que sen dúbida, achegará grandes elementos ó debate sobre este tan importante e actual tema dentro do sector audiovisual.

Categoría: Noticias
Etiquetas: