ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS ÁS 25 CATEGORÍAS DOS PREMIOS MESTRE MATEO O4

23 / 11 / 2004

A Academia Galega do Audiovisual abríu hoxe mércores 24 de novembro o prazo de presentación das candidaturas para as 25 categorías recollidas nas Bases, para os Premios Mestre Mateo 04 que celebrará o vindeiro ano a súa Gala anual. Os traballos aspirantes ós Premios que antes da data de remate de presentación non estivesen aínda estreados, publicados nin emitidos, deberán acreditar que o serán antes do 31 de decembro próximo. O prazo máximo para presenta-los traballos será o 17 de decembro
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS ÁS 25 CATEGORÍAS DOS PREMIOS MESTRE MATEO O4

O prazo límite para a recepción dos traballos é o vindeiro 17 de decembro

Martes 23 de novembro do 2004.- A Academia Galega do Audiovisual abríu xa o prazo de presentación das candidaturas para as 25 categorías recollidas nas Bases, para os Premios Mestre Mateo 04 que celebrará o vindeiro ano a súa Gala anual. Os traballos aspirantes ós Premios que antes desa data non estivesen aínda estreados, publicados nin emitidos, deberán acreditar que o serán antes do 31 de decembro próximo.

Unha vez rematado o prazo, a Academia poñerá a disposición de tódolos académicos a relación das produccións presentadas e que cumpran tódolos requisitos para participar, xunto cos listados dos equipos técnico e artístico correspondentes, presentador polas productoras para que, nun prazo máximo de 15 días naturais, se poidan presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

As longametraxes –as produccións cinematográficas dunha duración superior ós 60 minutos- estreadas en salas comerciais ó longo deste ano 2004, deberán cumprir calquera dos requisitos esixidos nas bases, é dicir, que a emisión orixinal sexa en língua galega; que como mínimo, o 25 % da porcentaxe de participación na producción corresponda a unha productora galega ou con domicilio social en Galicia, ou que o 50 % do equipo técnico e artístico sexa galego. Tamén poderán suma-lo 25% en conxunto do equipo técnico e artístico, sempre que unha das autorías sexa galega (director, guionista ou o autor da banda sonora, anque para contabilizar estas porcentaxes non se terán en conta os meritorios.

Tamén se poderán presentar candidatas ós Premios os Telefilms, as series (ficción, animación e documentais) e Programas para televisión emitidos en calquera dos sistemas televisivos existentes, e cuxa versión orixinal sexa en lingua galega, ou que como mínimo o 25 % da porcentaxe de participación na producción ou na realización corresponda a unha productora galega ou con domicilio social en Galicia, ou que o 50% do equipo técnico ou do artístico estea formado por persoal galego.

Os documetais e as curtametraxes, as produccións publicitarias, as produccións interactivas, e tódolos profesionais galegos ou non que participen nas produccións expostas nas Bases da convocatoria –agás no caso das curtametraxes-, poderán optar tamén a estes Premios.

As candidaturas ás diferentes categorías dos Mestre Mateo 05 poderán ser presentadas por empresas Productoras, canles emisoras, escolas audiovisuais, empresas de productos interactivos, axencias publicitarias e polos propios académicos da Academia Galega do Audiovisual, e poderanse presentar tantos traballos coma se considere oportuno, anque de xeito independente.

As Bases da Convocatoria destes Premios, pódense solicitar na propia Academia Galega do Audiovisual, e están tamén a disposición dos/as interesados na web da mesma.

Etiquetas: