A Academia de Cine proxectará na súa sede de Madrid tres películas recoñecidas nos Premios Mestre Mateo, que celebraron a súa décima edición nunha gala de que saíron con trofeo entre outros títulos a longa documental “Tralas Luces”, de Sandra Sánchez, o filme “Doentes” de Gustavo Balza e “Arrugas”, a cinta de animación de Ignacio Ferreras. Previamente a cada unha exhibirase “El club del bromista”, galardoada na categoría de curta de animación, “As damas negras” curta de ficción gañadora, e “De amor e cantería” que se levou a estatuíña na categoría de obra experimental. Estas historias presentaranse na Academia de Cine do 12 ao 14 de xuño.

Ademais, en xuño na Academia haberá un ciclo adicado ao cine indie español más recente, composto por oito películas. Ademais, recibirá ao cineasta catalán Pere Portabella, gañador do Gaudí de Honra 2012.