A PARTE DOS ANXOS, MAÑÁ NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

22 / 01 / 2013

Continúa este mércores,  23 de xaneiro o ciclo de comedia no Cineclube Padre Feijoo co filme británico de Ken Loach «A parte dos anxos (The angels´share)”(2012).

A proxección será no Cinebox Ourense, ás 18:00, 20:30 e 23:00h. en VOSc (Versión Orixinal Subtitulada ao castelán). 

O filme foi premiado no 2012,  co premio especial do xurado de Cannes, así como nominado ao premio da mellor música do cine europeo.

Conta a historia de Robbie, un rapaz sen traballo, que coa disposición asentar a cabeza, polo nacemento dun fillo, descubre nun curso de formación un talento especial; saborear whisky. 

http://cineclubepf.blogspot.com.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: