O obradoiro “net-tv e podcast (ou televisión e radio on-line). Arquitos 2.0”, impartido por Olholivre e Alg-A.org terá lugar o vindeiro sábado 25 de xuño de 10.00 a 14.00 horas.

Este obradoiro proponse poñer a disposición dos asistentes a posibilidade de crear a súa propia radio ou televisión usando internet coma plataforma de exhibición. O programa inclúe a instalacións dos programas de código libre precisos, aprendizaxe de streaming (fluxo-emisión de imaxes e audio tanto en tempo real coma en diferido), ademais do acceso a varios módulos e mediabases que permiten arquivar imaxes e compartilas ocn outros. É necesario que os participantes aporten o seu propio ordenador. 

Datas

Instalación de programas (Install party): 24 de xuño a partir das 11.00h

Obradoiro: 25 de xuño de 10.00 a 14.00h

Tanto o obradoiro como a instalación de programas levaranse a cabo nas dependencias do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa.

 

Dirixido a

Todas aquelas persoas que  teñan proxectos persoais e colectivos e que desexen compartir conferencias,

Obradoiros ou creacións artísticas usando internet.

 

Inscrición

Prezo do obradoiro: 20 euros

Prazas limitadas (máximo 20 participantes)

A inscrición efectuarase no momento do pago na recepción do Museo at ao 22 de xuño.

Para máis información contactar con actividadesmuseo@gmail.com

 

Aparcamento gratuíto. Autobús urbano Nº11.