ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS NO EUROFILM FESTIVAL

15 / 06 / 2011

Eurofilmfestival é un certame internacional que pretende impulsa-lo sector audiovisual, dependente da Fudanción Mundo Ciudad, baixo o protectorado do Ministerio de Cultura do Goberno de España.

Preténdese con estes premios dar valor ao noso sector, á vez de dinamizar á presenza internacional de produtoras e empresas audiovisuais promocionando a creación de películas, curtametraxes, series, documentais, etc.

O xurado, formado por importantes membros internacionais, seleccionarán os mellores traballos que serán galardoados nunha gala chea de todo o glamour que envolve a Marbella. Para ampliar toda a información en canto á participación e a gala podedes consultar a web www.eurofilmfestival.com

A inscrición de pezas é gratuíta con ata 10 obras por participantes, e que só os gañadores pagarán a súa acreditación, podendo así acceder á gala e ao cocktail con ata 4 membros do seu equipo.

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: