O sábado 3 de xullo e o domingo 4 celébrase un obradoiro de cine sen cámara impartido polo colectivo Espacio Rojo. Impartirase no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa. ¿Cómo é posible facer cine sen empregar una cámara? Pois intervindo directamente o soporte cinematográfico con técnicas propias das artes plásticas. É dicir, dibuxando, pintando e raiando o film.

Este obradoiro manexa diversos conceptos estéticos e narrativos, prestando unha atención preferente á íntima relación que a imaxe en movemento establece entre espazo e tempo. Ademáis, permite unha mellor comprensión da natureza da linguaxe audiovisual, e familiariza aos participantes con elementos técnicos aos que cada vez resulta máis difícil acceder.

E é que, hoxe en día, esta forma de facer cine apenas se practica. Pero non sempre foi deste xeito: a comezos do século XX despertou o interese de movementos de Vanguarda como o Futurismo, o Cubismo ou o Surrealismo. E nos anos 40 e 50 deu lugar ás obras maestras do escocés Norman McLaren.

 

SÁBADO 3 DE XULLO DE 2010: nenos e nenas de 6 a 11 anos.

DOMINGO 4 DE XULLO DE 2010: nenos maiores de 11 anos e adultos de tódaslas idades

Horario en ambos turnos: de 11:30 a 13:30 horas (obradoiro) e de 13:45 a 14:00 horas (proxección pública dos traballos realizados, con prioridade para padres e acompañantes)

INSCRIPCIÓN: Envío de unha mensaxe a educacionmacuf@arteyenergia.es, indicando o número, nome completo e idade dos interesados, así como un teléfono de contacto. A listaxe de admitidos e suplentes confeccionarase en función da orde de chegada das mensaxes, e difundirase por correo electrónico o luns 28 de xuño de 2010. Tódolos admitidos que non abonaran a matrícula de 5 euros (en metálico e na recepción do Museo) antes das 21:30 horas do mércores 30 de xuño, cederán a súa praza ao primeiro suplente da listaxe.