O 18 de xuño, de 10.00 a 13.30, celébrase nas instalacións de La Voz de Galicia a conferencia “Televisión: estrategias de compra” impartida por Ghislain Barrois, Conselleiro delegado de Telecinco Cinema. Analizará durante a súa intervención as estratexias de adquisición de películas para televisión, o seu proceso de distribución, así como as ventanas de explotación das mesmas na actualidade.

Ghislain ten desempeñado cargos de responsabilidade en Canal Plus e Telecinco durante os últimos 15 anos. En Telecinco comezou en 1996 como responsable de compras, e no 2000 ocupou o posto de Director de Estudios Picasso (Gestevisión Telecinco) e, dende o 2004, fixose cargo da posta en marcha dos novos canaies de TDT.

En outubro de 2008 foi nomeado conselleiro delegado de Telecinco Cinema, produtora de películas de Telecinco, onde se fixo cargo de títulos como Alatriste, El Laberinto del Fauno, El Orfanato, Ágora, Celda 211 e Spanish Movie.

A inscripción á Conferencia é gratuita e se entregará diploma certificado, por iso rogase a confirmación de asistencia no correo electrónico fundación@lavoz.es ou no teléfono 981180416.