O Documental dirixido por Xosé Abad “ISAAC” sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, ven de ser seleccionado para a participar na sección competitiva da terceira edición do “Festival Europeo de Cine y Televisión MEMORIMAGE Films de hoy con imágenes de ayer”.
Coproducido por EAF Produccións e CRTVG, e coa colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Cultura e Deporte: “ISAAC” e un documental de 55 minutos sobre Isaac Díaz ardo, o fundador, promotor e primeiro traballador do Laboratorio de Formas, de Cerámicas do Castro, de Sargadelos, de Edicións do Castro e do Instituto Galego da Información.

Baixo a dirección de Xosé Abad e con guión de Carlos Vázquez, realizouse este documental que, sen renunciar a elementos biográficos, pretende mostrar sen artificios, o pensamento, a opinión e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre o seu tempo, o seu mundo e o seu país. Economía, Emigración-Inmigración, a uerra do Irak ou lembranzas da República e da Guerra Civil son temas sometidos no documental á súa disección lúcida. Aos seus 87 anos, cunha saúde intelectual envexable, Isaac é quen de ofrecernos a súa opinión sempre omprometida e excepcionalmente libre e libertaria.

Enlace: http://www.youtube.com/watch?v=1DeU8pR7vjs&feature=related