O DOCUMENTAL ‘DOUS DE VINTETANTOS’ PROXÉCTASE NO CGAI O MÉRCORES 24 DE MARZO

23 / 03 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta  o mércores día 24 de marzo a produción galega documental DOUS DE VINTETANTOS, realizada por Manu Mayo. O propio autor presentará o seu traballo e, logo da proxección, terá un encontro co público asistente. A entrada, prevista para ás 20.30 horas será de balde.

A obra, duns 76 minutos de duración, está dirixida e producida por Manu Mayo, con colaboración da Televisión de Galicia. A Dirección  de Fotografía ten a sinatura de Alfonso Parra. Nesta ocasión, a sinistralidade nos viais galegos é o eixo central desta producción galega.

A experiencia en primeira persoa motivou o desenvolvemento desta obra, segundo explica o propio autor: “O 25 de decembro de 2007 cambiou a miña vida e a miña forma de entender a mobilidade: ese día na A6, por unha obra mal sinalizada, miña muller embarazada e máis eu case temos unha saída de vía á altura de Begonte. [En Begonte morreron meus pais cando eu tiña 17 anos, nun sinistro de tráfico]. Ao día seguinte vimos na prensa esta foto mortal: Julia Vázquez Pajón e Carlos Manuel Prado Vázquez pasaron por aquela obra a mesma hora que nós, pero en dirección contraria. Esa foi a orixe dun traballo documental en primeira persoa sobre a sinistralidade viaria en Galicia”.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: