Pablo Usón, director da produtora audiovisual independente Alea Dock & Films, estará no I Curso de Creación e Guionización de Documentais que organiza o MPXA (Master en Produción e Xestión Audiovisual) en colaboración con Televisión de Galicia, Axencia Audiovisual de Galicia, Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e a Universidade da Coruña.
Esta produtora está especializada na producción e realización de programas documentais para cine e televisión. Pablo Usón ten realizado numerosas produccións de documentais de investigación, entre as que destacan “Condenados al Humo”,”La verdadera historia de los falsos Dalí”, “Atrapados por el dopaje”.Tamén produciu películas como “El último sefardí” pola que recibiu numerosos premios en festivais internacionais de documentais.