Un ano máis Curtocircuito na Rúa sae ás rúas e prazas compostelás para encher as noites dos xoves de curtametraxes. A Praza do Toural acollerá a primeira das proxeccións que consistirá nunha selección das curtas gañadoras da IV edición de Curtocircuíto. Reunirá curtas de Líbano, Sudáfrica, Italia, Francia, Reino Unido e tamén se proxectarán dúas curtametraxes galegas: Cousas do Kulechov e Historia da Arte.
En caso de choiva, Curtocircuíto na Rúa trasladarase á Praza de Abastos. Calquera cambio que se produza anunciarase a mañá do xoves na páxina web do Festival: www.curtocircuito.org.

Os espectadores que acudan ás proxeccións poderán decidir, a través das súas votacións, a curta gañadora do Premio do Público, valorado en 1.600 euros máis trofeo, que se concederá na Gala de Entrega de Premios, o 24 de outubro

Curtocircuito na Rúa componse de 8 noites de xullo e agosto nas que se proxectarán 7 programas temáticos e rematará cun concerto especial do DJ británico Ollie Teeba, membro do grupo The Herbaliser.

03 de XULLO na Praza do Toural: Palmarés IV Curtocircuito
10 de XULLO na Praza de Cervantes: By Galicia
17 de XULLO na Praza de Abastos: Grandes Curtas
31 de XULLO no Cemiterio de Bonaval: A volta ao mundo
07 de AGOSTO na Praza de Praterías: Carta Blanca Clermont-Ferrand
14 de AGOSTO na Praza da Universidade: Non solo música
21 de AGOSTO na Praza do Toural: Feito en España
28 de AGOSTO na Praza da Quintana: Concierto DJ Herbaliser + VJ