O Clúster Audiovisual Galego, CLAG, participará os días 28 e 29 de maio por primeira vez no Mercado Audiovisual de Cataluña, “Audiovisual MAC08”, onde contará cun stand corporativo e unha delegación de seis empresas asociadas que presentarán diferentes contidos audiovisuais no Mercado.

Mañá mércores ás 11:00 horas terá lugar unha rolda de prensa para a presentación institucional do CLAG, ofrecida por Antón Reixa, presidente do CLAG, acompañado por Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación da Xunta, Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta, José Manuel Ortigueira, director de Promoción de XesGalicia e Julio Fernández, presidente de honra do CLAG.
A continuación ás 11:45 horas terá lugar no stand corporativo do CLAG a presentación das seis empresas asociadas que participan neste evento:

– A compañía Interacción, representada pola súa directora-xerente Beatriz Legerén, presentará dous proxectos interactivos de entretemento: “0747” e “Rumores”.
– Presentación corporativa da Fundación TIC, da man do seu director, José Antonio Corredoira Teijeiro
-Correo Tv dará a coñecer o seu proxecto de TDT, a cargo de Luis Pérez, director.
-Filmanova, presentará dous novos contidos para móbiles e Internet: “Vale tudo” e “El ascensor”. A cargo de Katia Fraguela, responsable do dpto. de Novos Media.
– Voz Audiovisual, presentará o proxecto “23 F 2.0” por Jaume Santacana, director-adxunto da compañía
-Presentación corporativa de Ficción Producciones, a cargo de Beatriz Rodríguez.