O 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

20 / 04 / 2007

Actuacións e moitos gags a cargo dos presentadores Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo da Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que se celebra o vindeiro 9 de maio na Coruña, no Colón Caixa Galicia ás 21,30 da noite, unha Gala que será retransmitida por TVG. Esta edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras. O 9 DE MAIO CELÉBRASE NO COLÓN CAIXA GALICIA A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Manquiña e Morris, os presentadores. Entre o cadro artístico, Luís Tosar, Farruco, Os Tonechos, Xosé Ramón Gayoso, Paula Carballeira e Iolanda Muíños. A Banda The Ellas, dá a nota

Actuacións e moitos gags a cargo dos presentadores Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, os e as artistas encargad@s de entregar os distintos premios, e diversas persoas famosas no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo da Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que se celebra o vindeiro 9 de maio na Coruña, no Colón Caixa Galicia ás 21,30 da noite, unha Gala que será retransmitida por TVG. Esta edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras.

Artistas da escea e profesionais da música protagonizarán o acto que se concebe por parte do equipo de guionistas, Andrés Mahía e Xosé Castro, áxil, dinámico, entretido e, sobre todo, con humor, con moito humor. Artistas da talla de Luís Tosar, de Paula Carballeira, Isabel Risco, Xosé Ramón Gayoso, Iolanda Muíños, Isabel Blanco, José Manuel Rodríguez –Isi-, Xosé Luís Bernal –Farruco-, Os Tonechos, e outros actores e actrices, presentadores e presentadoras da Tv, forman parte do equipo artístico encargado de escenificar e dar vida ó guión. Mofa e Befa, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, estarán tamén entre o elenco artístico, ademais doutras sorpresas que non se descubren antes da Gala… porque deixarían de ser sorpresa.

Sorprendente –anque non descoñecida- tamén é a traxectoria do realizador Pedro Amalio López; os seus valores profesionais e o importante papel que desenvolveu tanto na TVG nos seus comezos como entre os profesionais do audiovisual –tv- en Galicia, foron razóns máis que suficientes para que a Xunta Directiva da Academia decidise concederlle o Premio de Honra Fernando Rey este ano. Pedro Amalio supuxo no seu momento un auténtico descubrimento para os profesionais do audiovisual galego, descubrimento que hoxe recobra sentido ó ser reciñecido e distinguido con este galardón. Será a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, quen fará entrega do Premio na Gala do día 9 de maio.

Este ano, a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 que organiza a A.G.A., está patrocinada por parte da Xunta de Galicia, pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (da Secretaría Xeral de Comunicación, Presidencia da Xunta de Galicia), e as Consellerías de Cultura e Deportes e a de Innovación e Industria, ademais da Fundación Caixa Galicia e a Televisión de Galicia.

En calidade de Colaboradores están a Fundación Aisge, a Fundación Autor, a SGAE e a empresa Spica, pendentes aínda de pechar outras colaboracións con empresas privadas galegas, feito este que demostra que o tecido empresarial galego vai adquirindo un certo grao de compromiso coa industria cultural e coas actividades culturais do país, como é o caso desta Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06.

Ó evento asistirán diversas autoridades institucionais, tanto locais como provinciais e autonómicas, así como tódalas Asociacións dos distintos sectores profesionais que integran o audiovisual galego, e múltiples Medios e profesionais da Comunicación en Galicia.

Este ano, por primeira vez na traxectoria dos Premios Mestre Mateo, a Xunta Directiva da Academia decidíu levar a cabo un Circuíto de promoción por boa parte do noso país, que implica a proxección da meirande parte dos traballos audiovisuais que quedaron finalistas. Este Circuíto, coordinado pola distribuidora Mr Misto Films e patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual –da Secretaría Xeral de Comunicación- e a Fundación Caixa Galicia, recibe o nome de Semana do Audiovisual Galego, unha iniciativa que complementa á vez que consolida, a implantación do evento máis importante do sector no país e a súa divulgación na sociedade galega.

Etiquetas: