Continuando coas actividades complementarias que ten o curso de posgrao Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais, CICA, o próximo fin de semana venres 9 e sábado 10 de febreiro celébranse unhas XORNADAS sobre O ENTORNO LEGAL DAS COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS E TÉCNICAS DE ANALISE DOS MERCADOS Continuando coas actividades complementarias que ten o curso de posgrao Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais, CICA, o próximo fin de semana venres 9 e sábado 10 de febreiro celébranse unhas XORNADAS sobre O ENTORNO LEGAL DAS COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS E TÉCNICAS DE ANALISE DOS MERCADOS.

Paco Rodríguez, Productor Executivo de Filmax Animation, responsabel da produción de películas como Donkei Xote o Pérez el ratoncito de tus sueños, gañadora do Goya a mellor película de animación 2007, analizará o entorno legal das coproducións audiovisuais. Películas como Pérez el ratoncito de tus sueños está producida por Filmax Animation en coprodución con Patagonik Film Group e Castelao Producciones. As coproducións audiovisuais son cada vez máis importantes e numerosas e a produción de proxetos cada día máis ambiciosos, fai necesario o coñecemento legal deste sistema de traballo.

Dentro deste curso de posgrao que forma alumnos para ser Axentes de Vendas de produtos audiovisuais especializados en mercados internacionais, o próximo venres de 16:00 h a 20:00 h. e o sábado de 10:00 h. a 14:00 h., o Diretor de Contas de CIME MB, Pablo Gonzalo lles contará como realizar e enfocar as diferentes técnicas de ámbito internacional adicada a prestación de servizos de consultoría e investigación de mercados nos sectores do ocio, cultura e entreteñemento