NOVAS DO SECTOR: QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE, UN DOCUMENTAL NO QUE PARTICIPAN 7 PAÍSES IBEROAMERICANOS, QUE APOSTA POLA DIVERSIDADE CULTURAL

8 / 03 / 2007

QUE CULPA TIENE EL TOMATE é un proxecto documental de creación colectiva, coa participación de 7 países iberoamericanos, que nos envolve nas súas diferentes culturas e xeitos de vida. Un proxecto que aposta pola diversidade nun marco común, a través do que poderemos recoñecer a identidade de tódolos países integrantes do documental. QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE, UN DOCUMENTAL NO QUE PARTICIPAN 7 PAÍSES IBEROAMERICANOS, QUE APOSTA POLA DIVERSIDADE CULTURAL

Tic-Tac Producciones, Ibermedia e a Xunta de Galicia avalian este proxecto que pola parte española, dirixirá Jorge Coira, e pola arxentina, Alejo Hoijman

QUE CULPA TIENE EL TOMATE é un proxecto documental de creación colectiva, coa participación de 7 países iberoamericanos, que nos envolve nas súas diferentes culturas e xeitos de vida. Un proxecto que aposta pola diversidade nun marco común, a través do que poderemos recoñecer a identidade de tódolos países integrantes do documental.
Este proxecto ten a peculiaridade de ser o PRIMEIRO DOCUMENTAL que conta co RECOÑECEMENTO OFICIAL de 7 nacionalidades distintas (España-Arxentina-Perú-Colombia-Venezuela-Brasil e Bolivia), concedido pola CAACI. Un director de cada país encargarase de filmar o material que posteriormente montarase e dará lugar á longametraxe.
En España está avalado pola Xunta de Galicia, Ibermedia e a produtora Tic Tac Producciones.
A rodaxe comezará pola parte española en Galicia e estará dirixido por Jorge Coria (director de curtametraxes, publicidade e videoclips para a gran pantalla. Dirixíu «O ano da Carracha»).

Tódalas produtoras que participan do proxecto son pequenas empresas independentes, coa ilusión de terse reunido exclusivamente para levar a cabo QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE.

A participación do Programa Ibermedia e o seu apoio para a excepción que se realizou para o recoñecemento da coprodución das 7 nacionalidades a partes iguais, a pesares de que o convenio iberoamericano de coprodución esixía un mínimo de 20 % para o devandito recoñecemento, foi fundamental. Interpretouse e entendeuse que, se se quería respectar a igualdade de condicións para tódolos países, sento 7, ningún podía ter o 20 %. A división é matemática, e dá 14,286 % para que todos teñan igualdade de porcentaxes. Dende a CAACI (Conferencia de Autoridades Audiovisuais e Cinematográficas de Iberoamérica), foron concedidas as 7 nacionalidades.

Dende xa, foi imprescindible o apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da TVG, da Film Commission de Santiago de Compostela, e da Cooperativa do Mercado de Abastos de Santiago.

Dende fai máis dun ano e medio que veñen traballando no desenvolvemento do proxecto e xunto con Hugo Castro Fau (LAGARTO CINE- Arxentina), levan a produción xeral e executiva da longametraxe. Ademais, el é o autor da idea orixinal e quen entón lle propuxo a Tic-Tac Producciones levar adiante esta aventura.

A equipa

Director: Jorge Coira
Produtora Asociada e Directora de Finanzas: Susana Fernández
Dirección de produción: Xabier Eirís
Jefa de produción: Belém Brandido
Director de Son: Carlos Mouriño
Director de Fotografía e cámara: Ricky Morgade
Asistentes de produción: Alicia Arias e Iván Seoane

Empresa de servizos: LUZ PUNTUAL

Categoría: Noticias
Etiquetas: