NOVAS DO SECTOR: COMEZA CURTOCIRCUÍTO 07 COA INCORPORACIÓN DE TIM REDFORD COMO NOVO DIRECTOR

6 / 03 / 2007

O 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións para Compostela Plató
• O 14 de maio dáse a coñecer o guión gañador de Compostela Plató
• Dende o 2 de abril xa se poden enviar curtas para Compostela Curtocircuito
• No verán, as prazas e rúas de Santiago son de Curtocircuito na Rúa
• Os días grandes do Festival serán do 16 ó 20 de outubro
• Os días 18, 19 e 20 de Outubro, o Mercado Internacional de Curtas
Santiago, 6 marzo 2007
TIM REFORD INCORPÓRASE ESTE ANO COMO DIRECTOR DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE COMPOSTELA CURTOCIRCUITO 07

Sánchez Bugallo afirmou que este Festival é un referente máis na proxección internacional de Santiago

Francisco Candela reafirmouse no acerto desta iniciativa do concello compostelán pola proxección internacional de Santiago no eido cinematográfico

• O 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións para Compostela Plató
• O 14 de maio dáse a coñecer o guión gañador de Compostela Plató
• Dende o 2 de abril xa se poden enviar curtas para Compostela Curtocircuito
• No verán, as prazas e rúas de Santiago son de Curtocircuito na Rúa
• Os días grandes do Festival serán do 16 ó 20 de outubro
• Os días 18, 19 e 20 de Outubro, o Mercado Internacional de Curtas
Santiago, 6 marzo 2007
Curtocircuito, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, consolidouse xa como un dos referentes na proxección internacional da nosa cidade, e con esta cuarta edición, o Concello quere rematar de consolidar no panorama do cinema internacional, particularmente no xénero da curtametraxe, esta actuación que ten á xuventude en xeral, como a auténtica protagonista da creación audiovisual. Estas foron as palabras coas que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, erguía o telón que dá paso ás distintas seccións que integran este ano Curtocircuito 07. O alcalde estivo acompañado na Rolda de Prensa polo responsable do Festival e concelleiro delegado de Turismo, Francisco Candela, así como por Tim Reford, director do Festival; Mamen Quintas, directora de produción do mesmo; Manuel José Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual; e Teresa Porto, directora da Fundación Caixa Galicia.

Sánchez Bugallo salientou a importancia que para Compostela ten o feito de que non se nos coñeza só por sermos a meta do Camiño de Santiago, nin por termos un patrimonio arquitectónico envexable, nin por sermos a capital galega; agora, tamén se nos coñece porque somos unha cidade de cine e para o cine, tanto para potencialo cos concursos e proxeccións, como para promovernos como plató de exemplar en todo o mundo, grazas ós sets que ofrecen os nosos espazos, tanto os naturais, como polos que plasman o pasado da pedra conxugado coa arquitectura vangardista coa que Santiago demostra unha vez máis, que tradición e vangarda cohabitan e enriquecen o patrimonio cultural.

Pola súa parte, Francisco Candela –responsable do Festival e concelleiro delegado de Turismo en Santiago- fixo fincapé na importancia que hoxe ten a proxección internacional de Curtocircuíto grazas ó traballo realizado ata agora, e proba da importancia e da internacionalización que medra e pola que seguimos traballando, é a fichaxe de Tim Redford, un experto no eido dos festivais internacionais que sen dúbida, contribuirá a lograr os nosos obxectivos. Pancho Candela fixo fincapé tamén no punto de referencia que hoxe significa Curtocircuíto entre a oferta de Festivais Internacionais de Curtametraxes, e a importancia de que en Santiago promovamos a cultura do cinema tanto dende o punto de vista da industria audiovisual, como da produción de cinema na nosa cidade, algo que redunda a nivel turístico, económico, social e cultural.

Mamen Quintas e Tim Redford, directora de produción e director do Festival respectivamente, presentaron no primeiro caso as novidades do Festival (o premio á mellor curtametraxe galega, e a sección non oficial de proxección de curtas para nenos) e, pola súa parte Tim Redford confesou que lle ilusionaba moito este novo reto en Galicia, porque estou seguro que é un Festival con futuro e cheo de innovacións e importantes actividades que fan do Festival Internacional Curtocircuíto, un dos máis importantes no seu ámbito da Curtametraxe.

Os apoios recibidos

O director xeral de Comunicación Audiovisual –da Secretaría Xeral de Comunicación- manifestou tamén a súa satisfacción e a convinción de acerto de apoiar este Festival Internacional, do que recoñeceu, está superando mesmo nas redes, a programas da nosa Dirección Xeral como é Curtas na Rede. Convencido da proxección internacional do Festival e do seu significado para o audiovisual galego, Manuel José Fernández Iglesias afirmou estar seguro do éxito que esta IV edición de Curtocircuíto terá este ano.

No mesmo sentido se manifestou Teresa Porto, directora da Fundación Caixa Galicia, patrocinadora tamén do Festival, quen salientou a importancia e transcedencia deste evento audiovisual, deste grande encontro da creación, produción e mercado audiovisual para o tecido social galego.

Novas incorporacións no Programa de Curtocircuíto

A Compostela Curtocircuito, Compostela Plató, Anacos, o concurso-obradoiro Non te curtes, Curtocircuito na Rúa, Obradoiros e Mercado Internacional de Curtametraxes, únense novas actividades dentro do Programa da cuarta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. Trátase, por unha banda, do ciclo Cine para nenos, que se celebrará durante as datas da Semana Oficial do Festival –do 16 ó 20 de outubro-. Achegar ós máis cativos á cultura do celuloide en formato de curtamentraxe, suporá a iniciación d@s pequen@s a esta manifestación cultural que sen dúbida, posibilitará que o cinema, se incorpore ás actividades lúdicas –e quén sabe se profesionais- de boa parte deles.

Outra novidade é a creación do Premio á Mellor Curtametraxe Galega, que ven a sumar a listaxe de Premios da Sección Oficial Compostela Curtocircuito, o concurso de curtas.

Este ano, Curtocircuito incorpora ademais ó equipo organizativo do Festival, e en calidade de Director do Festival , un auténtico fichaxe para coordinar todo canto atinxe ás actividades do Festival como ó II Mercado Internacional que se inclúe na Semana Oficial de Curtocircuito. Trátase de Tim Redford, en cuxo currículum atópanse as coordinacións de Festivais como a dirección do Proxecto/Festival en Signals Media, Colchester, no Reino Unido; a coordinación internacional do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand; coordinador do Xurado Internacional do Festival Internacional de Curtametraxes de Bristol, e outras actividades.

O Festival, a semana oficial

Os oito meses que ven durando o conxunto das actividades do Programa, culminan na terceira semana de outubro. Será entre os días 16 e 20 ámbolos inclusive, coa celebración da Semana Oficial do Festival, que inclúe os Obradoiros, o concurso-obradoiro Non te Curtes, e o Mercado Internacional. E tamén se entregarán os 5 premios de Compostela Curtocircuito e o Premio do Público á curta máis votada en Curtocircuito na rúa; a entrega terá lugar ó longo da Gala dos Premios, o sábado día 20 de outubro.

Os prazos

A apertura de prazos para participar nas distintas seccións oficiais desta cuarta edición son os seguintes:

– O 12 de Marzo ábrese o prazo para enviar os Guións de Curtas para a sección Compostela Plató, que se pechará o 27 de abril. O guión gañador, constituirá a curta que se rode entre o 4 e o 10 de xuño: a condición, coma sempre, é que o escenario de rodaxe sexa Santiago de Compostela.
– Dende o 2 de abril, poderánse enviar xa as Curtametraxes que integran Compostela Curtocircuito, e o prazo de remate do envío é o 30 de xuño.
– O mesmo día 2 de abril, ábrese o prazo de inscrición tamén para todos aqueles autores individuais ou colectivos, empresas e institucións que queiran participar e beneficiarse da oportunidade que o Mercado Internacional de Curtametraxes pon na súa man: contactos con distribuidoras, compradores, etc, para a compra-venda de curtametraxes. A este Mercado están convidados importantes distribuidoras e axentes de ámbito internacional. Este prazo de inscrición remata o 12 de setembro. Para facilitar aínda máis este labor, para aprender a vender o producto, celebrarase un Obradoiro que aprenderá as claves fundamentais que rexen nestes contactos comerciais.

Os Premios:
• Mellor Curtametraxe de Ficción concedido polo Xurado: 3600 ¤ + trofeo
• Mellor Curtametraxe de Animación concedido polo Xurado: 3600 ¤ + trofeo
• Mellor Curtametraxe de Videocreación concedido polo Xurado: 3000 ¤ + trofeo
• Mellor Curtametraxe Documental concedido polo Xurado: 3000 ¤ + trofeo
• Premio á Mellor Curtametraxe Galega concedido polo Xurado: 1500 ¤ + trofeo
• Premio ANACOS, Mellor Micromovie concedido polo Xurado: 2000 ¤ + trofeo

Gabinete de Comunicación
IV Edición do Festival Internacional de Curtametraxes
prensa@Curtocircuito.org
981 55 48 71 e 665 67 88 40

Categoría: Noticias
Etiquetas: