NOVAS DO SECTOR: PLAY-DOC BUSCA NOVOS REALIZADORES DE DOCUMENTAIS

13 / 01 / 2007

Play-Doc – Festival Internacional de Documentais de Tui e Avid Technology, abren a convocatoria para participar en Play-Avid.doc unha actividade enfocada ao apoio ao talento entre os novos realizadores galegos que inician os seus pasos no mundo do documental PLAY-DOC BUSCA NOVOS REALIZADORES DE DOCUMENTAIS.

Play-Doc – Festival Internacional de Documentais de Tui e Avid Technology, abren a convocatoria para participar en Play-Avid.doc unha actividade enfocada ao apoio ao talento entre os novos realizadores galegos que inician os seus pasos no mundo do documental.

Play-Avid.doc desenvolverase no marco da terceira edición de Play-Doc que terá lugar na cidade de Tui do 21 ao 25 de marzo de 2007, e nace co obxetivo de facilitar aos realizadores noveles galegos a produción dos seus proxectos documentais. Para iso os participantes deberán pasar por un proceso de selección que se desenvolverá en tres fases:

1.- Selección de participantes. Play-Doc e Avid seleccionarán cinco (5) proxectos de entre todos os recibidos.

2.- Maratón Play-Avid.doc. Durante os días do festival os participantes seleccionados terán que realizar unha curta documental nun periodo limitado de tempo, poñendo así a proba a súa destreza técnica e imaginativa. O obxetivo é rodar en Tui e capturar, en pouco tempo, a esencia do tema elixido. Todo de forma rápida, espontánea, demostrando talento e creatividade. As curtas resultantes poderanse ver no festival e será o público o que decida o seu favorito.

3.- Play-Doc e Avid Presentan. Para rematar, a organización do festival e Avid elixirán un proxecto de entre os cinco seleccionados na primeira fase deste concurso, e aportarán todos os recursos técnicos e de produción para que este proxecto-documental poda convertirse nunha obra finalizada coa máxima calidade técnica e profesional.

O prazo para presentar os proxectos permanecerá aberto ata o 24 de febreiro de 2007. Aqueles que desexen participar en Play-Avid.doc atoparán as bases do concurso, a ficha de inscripción e máis información en www.avidarena.com e www.play-doc.com

Con esta actividade, Play-Doc quere dar un paso adiante no seu compromiso de apoio aos novos realizadores, involucrándose esta vez na produción destes proxectos documentais.

Categoría: Noticias
Etiquetas: