NOVAS DO SECTOR: AGAPI organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

6 / 11 / 2006

AGAPI organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
O novo panorama dixital e a evolución tecnolóxica esíxenlles aos produtores audiovisuais novas estratexias creativas.

AGAPI organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

O novo panorama dixital e a evolución tecnolóxica esíxenlles aos produtores audiovisuais novas estratexias creativas

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o CURSO NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL (20 h.), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
As clases desenvolveranse en horario de 16.00 a 20.00 horas, do 13 ao 17 de novembro, nas instalacións do Centro Multimedia de Galicia en Santiago de Compostela.

O obxectivo perseguido é o de situar ós profesionais do sector da produción audiovisual no entorno tecnolóxico actual, aportándolles coñecementos sobre diferentes materias coma os novos sistemas de difusión de contidos, a incorporación da interactividade ós contidos audiovisuais, o esceario da televisión dixital en España, a transmisión por IP e outras formas de difusión, a utilización de Internet coma medio de difusión audiovisual, os catalogadores de vídeo e os metadatos como ferramenta fundamental para a explotación de contidos audiovisuais.
Así, os contidos interactivos, a difusión de material audiovisual na rede, ou a televisión de alta definición debuxan un novo modelo de negocio que se atopa no punto de mira e representa un reto para as empresas audiovisuais galegas.

As clases, de carácter teórico e práctico, serán impartidas por dous especialistas en telecomunicacións coma Luis Rodríguez, consultor de proxectos innovadores en tecnoloxía para Antena 3 e Director de Enxeñería da antiga plataforma de satélite Vía Dixital. Por outra banda, o profesor Jesús Izquierdo foi un dos artífices da posta en marcha das canles Antena 3, Telecinco e Canal+, e do innovador proxecto de Telefónica, Imagenio, que posibilita a distribución de video sobre ADSL.

A matrícula no curso é gratuíta e está aberta ós profesionais da industria audiovisual e os estudantes interesados.

Para formalizar a inscrición (ata o día 8 de novembro) contactar a AGAPI no teléfono 981 57 77 47 ou por email en administracion@agapi.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: