O MUSEO DO POBO GALEGO ACOLLE A VII MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

8 / 06 / 2012

O Museo do Pobo Galego acolle do 11 ao 19 de xuño, a VII Mostra de Cinema Etnográfico, organizada por dito centro. Exhibiranse 17 producións que reflexan aspectos sobre as formas de vivir e entender la vida dentro dunha cultura, repartidas entre tres secciones dedicadas a Jean Rouch, o palmarés de Espiello e outras obras. A Mostra de Cinema Etnográfico, que terá lugar na sede do Museo do Pobo Galego, estructúrase, nesta sétima edición, en tres apartados. Un deles, «Espiello», exhibirá o palmarés case completo da décima edición do Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, que tivo lugar en Boltaña (Huesca) a finais de abril, e co que se mantén un convenio de colaboración. Intégrano seis títulos: os españois El torero de los Andes, de Ignasi Rodríguez, que gañou o premio Espiello ao mellor documental do certame, e Una casa para Bernarda Alba, de Lidia Peralta, que obtivo o Premio Espiello Rechira ao mellor traballo de investigación; o alemán Swimming in Space, de Anna Mbiya Katshunga, que recibiu o premio Espiello Choben ao mellor documental realizado por menores de 30 anos; a coprodución entre Nicaragüa, Estados Unidos e España Dreaming Nicaragua, de Marcelo Bukin, que logrou o premio Espiello Boltaña do público, e o premio ASECIC; e o alemán What Has to Be Photographed!, de Irina Linke, e a coprodución hispano-congoleña Dimanche à Brazzaville, de Enric Bach e Adrià Monés, que conseguiron sendos accésits.

Pola súa parte, a sección «Carlos Velo» da Mostra está formada por unha selección de documentais de tingues etnográficos elixidos polo propio Museo do Pobo Galego. Intégrana as obras galegas Vikingland, de Xurxo Chirro, Lembrando os rostros da morte, de Lois Patiño, Pacios. As fotos da memoria, de Manuel Darriba, Em companhia da morte, de Vanessa Vilaverde, Joao Aveledo e Eduardo Maragoto, e Goitik behera, behetik gora, do colectivo WeareQQ, a rumana Cautare, de Ionut Piturescu, a arxentina Yatasto, de Hermes Paralluelo, e a venezolana Hombres de arena, de Joaquín Cortés. Por último, nun apartado de cine histórico poderanse ver tres traballos do francés Jean Rouch, un dos pioneiros do cine etnográfico, autor dunha vasta obra fílmica e figura esencial da cinematografía do século XX. Son Moi un noir (1959), cuxo pase, o martes 12 de xuño, acompañarase dunha conferencia de José Manuel Sande, programador do CGAI, La chasse au lion à l’arc (1965) e Petit à petit (1972). As proxeccións serán tódolos días a partir das 19:30 horas (salvo o domingo 17, en que haberá unha única matinal ás 12:30 horas), con entrada gratuíta ata completar aforo.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: