MASTERCLASS “NOVOS DIRECTORES” CON CHAPERO-JACKSON E VIGALONDO

13 / 12 / 2011

Os vindeiros días 21 e 22 de  decembro, de 16.00 a 20.00h, contaremos coa presenza, respectivamente, de Eduardo Chapero-Jackson, director de «Verbo», e Nacho Vigalondo,director de «Los Cronocrímenes » e «Extraterrestre», no Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), que impartirán sendas masterclasses.

Estas masterclass están dirixidas principalmente a profesionais aínda que tamén poderán asistir estudantes e demais público interesado.

As cotas de inscrición para profesionais serán de 30 euros polas dúas sesións e 20 euros por unha soa. No caso de estudantes as cotas serán, respectivamente, de 15 e 10 euros. O acceso aos académicos/as é totalmente gratuíto, se ben será necesario que nos enviedes igualmente a folla de inscrición cuberta, pois a prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada dos formularios. Posteriormente entregaremos un diploma certificando a asistencia.

Para máis información e acceso á folla de inscrición, consultade a nosa web www.academiagalegadoaudiovisual.gal> Actividades> Foro Academia Aberta. Aí tamén atoparedes o programa que recolle o que se levará a cabo nas dúas sesións.

Categoría: Noticias
Etiquetas: