“MAR LIBRE”, COPRODUCIDA POR FICCIÓN PRODUCCIONES E A TVG, SELECCIONADA PARA O The 44th ANNUAL WORLDFEST-HOUSTON

14 / 03 / 2011

A miniserie coproducida por Ficción Producciones e a TVG, MAR LIBRE, foi seleccionada no Festival  The 44th Annual WorldFest-Houston, para un dos catro premios –dentro da súa categoría- que son: Platinum Award, Gold Award, SIlver Award y Bronze Award. The 44th Annual WorldFest-Houston celebrarase do 8 ó  17 de Abril en Houston.

O Worldfest foi fundado hai 50 anos como Cine Arte pola Sociedade de Cine Internacional en agosto de 1961. Converteuse no 3º festival de cine competitivo en Norteamérica, despois de San Francisco e Nueva York, e é o máis antigo Festival Independiente de cine e vídeo do mundo; con máis de 4.500 entradas de 37 países participaron en 2010, dentro das múltiples categorías. O Festival foi fundado polo produtor gañador laudo / director Hunter Todd por presentar un festival para películas calidade para os cineastas Independentes. A misión ou declaración da visión de Worldfest é recoñecer e premiar a excelencia creativa sobresaínte en cine e vídeo, para validar habilidades brillantes e para promover o turismo cultural de Houston, para desenvolver a produción cinematográfica na rexión e para engadir o rico tecido cultural da ciddade de Houston.

MAR LIBRE, é unha miniserie de dous capítulos grabada en alta definición.  Dirixida por Dani de la Torre e íntegramente fotografada en escenarios naturais, Mar Libre nace da necesidade de contar un anaco escondido da nosa historia. No contexto da industria da salga do peixe na costa galega, un heroe do pobo, encabezará unha  loita pola vida e a liberdade. Mar Libre é unha historia épica, con amor e  aventuras, no marco incomparable da Costa da Morte.

A Illa de Sálvora, Caldebarcos, Redondela, Santiago ou Agolada son algúns dos espazos onde se rodou Mar Libre, escenarios reais que responden a un esforzo de produción para acadar un relato épico coma nunca se ten producido na nosa comunidade. Os espazos naturais nos que foi grabada, todos en Galicia, propicia tamén con esta selección para o Festival de Houston a promoción e divulgación turística e cultural galega en distintos Estados e Continentes internacionais.

Categoría: Noticias
Etiquetas: