Arteria Noroeste proxecta mañá martes 10 de maio, ás 18.00h, o filme “Bon Appétit” de David Pinillos.

David Pinillos estréase na dirección con Bon Appétit, premio á Mellor Dirección Novel na última edición dos Goya. Ata entón, Pinillos acumulou unha ampla experiencia como montador, tarefa que continúa exercendo. Algunhas das películas nas que participou son Gordos (Daniel Sánchez Arévalo), que lle valeu a candidatura ao Goya á Mellor Montaxe, La vergüenza (David Planell), Sexykiller (Miguel Martí), Películas para no dormir: La habitación del niño (Álex de la Iglesia) ou El juego de la verdad (Álvaro Fernández Armero). Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe Dolly. Tra-la proxección de Bon Appétit terá lugar un coloquio co propio director.

Hai que confirmar asistencia.