Llorenç Soler será o encargado de mostrar o proceso de creación e guionización do documental histórico aos alumnos do I Curso de Creación y Guionización de Documentais que organiza o Máster en Producción e Xestión Audiovisual (MPXA) en colaboración con TVG, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual Galega e a Universidade da Coruña.
Este historiador, director de cine e realizador de televisión está especializado en traballos de carácter cultural, histórico e político-social, especialmente en documentais. “52 segundos”, “Será tu tierra”, ”El largo viaje hacia la ira”, “ Noticiario RNA”,“Cerdá, una obra malograda”, “Vida en familia”, “El viaje inverso” son algúns dos títulos que nos pode ofrecer Llorenç Soler da súa extensa filmografía.