A película infantil Copito de Nieve, dirixida por Andrés G. Schaer e producida por Filmax, está obtendo un gran resultado en Polonia, onde se estreou o 25 de maio. Ata agora, foi vista por máis de 136.000 persoas.

No seu primeiro fin de semana de exhibición, Copito de Nieve arrancou en sétima posición do ránking, pero no segundo escalou postos e colocouse en segunda posición, por diante de títulos como Men in Black 3, Los Vengadores ou Intocable. O filme estreouse en Polonia en 140 pantallas, o que supón unha media por copia de algo máis de 3.560 euros.