O Festival de Curtametraxes do Concello de Sada está a recibir as obras curtametraxes que serán seleccionadas para a sección oficial do certame. Dende primeiros de decembro atá o 1 de marzo, convócase a tódolos curtametraxistas galegos e galegas a enviar as súas obras audiovisuais para a súa selección como parte da sección oficial do evento. O Festival, que este ano cumpre a súa 3ª edición, celebraráse os días 20, 21, 22, 23 e 24 de abril.

Dende a organización preténdese continuar apoiando ó audiovisual galego mediante este evento, onde os realizador@s galeg@s poden atopar un espazo onde proxectar as súas curtametraxes.

As edicións pasadas chegáronse ós 50 curtametraxes recibidos, e este ano se espera unha maior participación, posto que ampliáronse os premios. Para consultar as bases de participación, todos aqueles que queran participar poden visitar a páxina web oficial do evento: www.festivaldecurtasdesada.com