A FUNDACIÓN ARAGUANEY PROGRAMA DOMICILIO PRIVADO CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DA NAKBA

13 / 05 / 2014

Mañá, mércores 14 de maio ás 20.30h a Fundación Araguaney ten previsto un pase do filme “Domicilio Privado (Private)”, de Severio Constanzo para conmemorar a Nakba palestina. A entrada será gratuita ata completar aforo.

O mes de maio é un mes moi especial para todos os palestinos, xa que se conmemora a NAKBA (en árabe significa catástrofe, calamidade ou desastre), comeza cando o 78 % da poboación palestina nos territorios onde Israel implantó o seu estado en 1948, foron violentamente expulsados dos seus fogares. Hoxe, e segundo cifras da ONU, estes constitúen os máis de 5 millóns de refuxiados que aínda seguen impedidos de retornar ás súas propias terras. A Nakba, continúa. A usurpación das terras palestinas e o desprazamento da súa poboación lévanse a cabo día a día.

Categoría: Noticias
Etiquetas: