Mañá mércores, día 14 de maio ás 18, 20.30 e 23h o Cineclube Padre Feijóo proxecta o filme Frances Ha, de Noah Baumbach dentro do seu ciclo B&W.

-FRANCES HA-
 Director: Noah Baumbach | EEUU, 2013 | 86′ | Mércores 14 | 18:00h – 20:30h – 23:00h | 4€*

Sinopse: Frances é unha moza de 27 anos que, malia a súa idade, decide cumprir o seu sono: converterse en bailarina nunha compañía de danza de Nova Iork. Comparte piso cunha amiga e vive a vida con alegría e despreocupación, aínda que non pode deixar de desexar moito máis do que ten. Unha fábula moderna sobre a xuventude, a amizade, a ambición, a lealdade e o optimismo.