FILMANOVA, NO MERCADO DE CONTIDOS PARA MÓBILES DE BARCELONA

15 / 02 / 2008

Filmanova está presente no mercado de contidos para móviles de Barcelona con “Vale Tudo”, un magazine de sketches de humor absurdo e surrealista. As pezas están realizadas con imaxe real reforzada con efectos de infografía, son e animación en flash. A xornada estase a celebrar hoxe, 15 de febreiro na sede de Barcelona Activa, unha das entidades patrocinadoras do encontro.
Vale Tudo é unha modalidade semi-ilegal de loita que se caracteriza pola extrema violencia e a ausencia de regras. O magazine adopta o nome deste “deporte” para xogar co seu dobre sentido: a liberdade creativa e temática na elaboración de cada unha das pezas e a intención de causar impacto e de sorprender ao espectador. É unha colección de «perlas» de humor absurdo que compoñen un variado mosaico. Cámaras falsas, sketches paródicos, animacións grotescas e absurdas… Todo un entroido de rarezas e despropósitos que aborda temas como o día a día no mundo da parella, a figura de personaxes históricos fora de contexto ou parodias de telenovelas.

O evento, que coincide coa celebración na Cidade Condal do “Mobile World Congress”, se celebra na sede de Barcelona Activa e está organizado polo Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC), a través do Centro de Desarrollo Audiovisual (CDA), coa colaboración de Barcelona Activa , TV3 e Peacefulfish.

O “Mercado de Contenidos para Móviles” de Barcelona pretende convertirse nunha cita de referencia para os axentes involucrados na produción deste novo tipo de contidos; empresas produtoras de contidos audiovisuais, operadores de telefonía móbil e investidores.

Categoría: Noticias
Etiquetas: