ESTREAS DA SEMANA EN “FÓRA DE SERIE” NO CGAI

15 / 10 / 2013

Mañá, mércores día 16 de outubro e ata o vindeiro venres, o Centro Galega de Artes da Imaxe proxecta tres filmes dentro do ciclo “Fóra de serie” en dúas sesións cada día, ás 18.00 e as 20.30h.

Mércores 16 de outubro (18.00 e 20.30 horas)
KEEP THE LIGHTS ON
Ira Sachs, 2012. Con Thure Lindhardt, Zachary Booth. 101’.
Relato da relación sentimental de dous homes, o avogado Paul e o documentalista Erik, durante case que unha década na cidade de Nova York. Un retrato inzado de naturalismo e honestidade. Sundance 2012.

Xoves 17 de outubro (18.00 e 20.30 horas)    
UN ÉTÉ BRÛLANT / UN VERANO ARDIENTE
Philippe Garrel, 2011. Con Monica Bellucci, Louis Garrel. 95’.  
Paul coñece un pintor chamado Frédéric, fondamente namorado da súa parella, a fermosa actriz Angèle. Paul vai vela a unha rodaxe e repara noutra muller: Élisabeth. As dúas parellas deciden pasar uns días en Roma para se coñeceren mellor. A aparición doutro personaxe, Roland, provoca a ruptura de Angèle con Frédéric e o comezo dunha imprevisible tormenta de verán. O CGAI segue a completar a filmografía de Philippe Garrel, cineasta audaz, radical, revelador de mundos interiores.

Venres 18 de outubro (18.00 e 20.30 horas)
EL ESTUDIANTE   
Santiago Mitre, 2011. Con Esteban Lamothe, Romina Paula. 110’.   
Un mozo chegado do interior, Roque Espinosa, vai estudar na universidade en Bos Aires. Pouco interesado nos libros, comeza a relacionarse cunha compañeira de curso e logo cunha profesora adxunta. Esta última vai introducilo na política universitaria. Roque móvese habilmente neste campo, propaga rumores, agocha probas ou mantén relacións sexuais cando os seus intereses o requiren. O profesor Azevedo decide integralo na súa candidatura ao Rectorado. Premiada en festivais como BAFICI e Locarno, un thriller politico trepidante que xunta o político e o estético para amosar un mundo de compromiso cheo de perigos (arribismos, traizóns, corruptelas, xogos e equilibrios de poder).

Categoría: Noticias
Etiquetas: