CONECTA, XORNADA DE ENCONTROS ENTRE CREADORES

15 / 10 / 2013

Desde CREA -Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- estase organizando, en colaboración coa Asociación Galega de Guionistas e coa Fundación Cidade da Cultura, unha xornada de encontros entre directores e guionistas titulada “Conecta”, e que se celebrará o sábado 9 de novembro en Santiago de Compostela.

No seguinte arquivo atoparedes o dossier coa descrición completa da xornada, así como a folla de inscrición para que vos apuntedes.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: