Hoxe luns 23 de decembro ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Allariz, terá lugar a estrea da mediametraxe (57′) Do caso que lle acontceu ao Dr. Alveiros, unha coprodución con Visual-q que conta co apoio da Televisión de Galicia.

Este proxecto enmárcase na política da Fundación Vicente Risco de presentar baixo formatos actuais a obra de don Vicente. As versións en Banda Deseñada de  O lobo da xente, A vella vella ou Dédalus en Compostela (en fase de produción). A produción de  O xuízo a Romasanta e o documental Galiza emerxente, preceden a este traballo.

 

Máis información en http://www.fundacionvicenterisco.com/Blog/contenido/931/LUNS_23_DE_DECEMBRO_AS_2030_ESTREA_DO_FILME_DO_CASO_QUE_LLE_ACONTECEU_AO_DR_ALVEIROS