O vindeiro venres 14 de marzo a comarca de Valdeorras acollerá a preestrea de PRADOLONGO, o filme dirixido e producido por Ignacio Vilar (“Un bosque de músicas”, Ilegal”) que ten como protagonista a Rubén Riós (“Libro de Familia”), Tamara Canosa (“Días Azuis”, Heroína”) e Roberto Porto (quen interpreta o seu primeiro papel logo de xurdir dun casting efectuado en insitutos de Ourense e Lugo). Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos e Belén Constenla forman tamén parte do reparto dun filme falado orixinalmente en galego de Valdeorras. A película estréase no cine Avenida de A Rúa de Valdeorras ás 21 horas con asistencia da Conselleira de Cultura e Deporte, alcaldes da zona e diversas personalidades e convidados.

Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha laguna glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen ya comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo. Pero Pradolongo pode que agache un tesuoro. A comarca progresou gracias á calidade da lousa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia.

Ante elo Martiño, de espíritu emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas. A louseira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, o amor, os desenganos…

PRADOLONGO foi rodada por un equipo técnico e artístico integrado por profesionais do noso audiovisual, en paraxes naturais dos concellos de Petín, A Rúa, O Barco, Vilamartín e A Veiga e Carballeda. Esas paisaxes son tamén protagonistas da historia, onde o espectador poderá abraiarse con espazos como A Lagoa de Ocelo en Pena Trevinca (as montañas mais altas de Galicia) e as canteiras de louxa do Concello de Carballeda, localizacións que fixeron da rodaxe unha aventura en si mesma, dado as grandes dificultades técnicas que conlevaron.

Estos espazos serven de marco a unha historia protagonizada por rapaces cunha clara vocación de achegarse ao público novo, para o que se desenvolverá por parte dos actores e o director unha campaña en institutos, asociacións, e colexios que percorrerá toda Galicia, onde os rapaces poderán coñecer de primeira man os segredos e curiosidades do mundo cinematográfico.

Este venres, o equipo ao completo presentarase nas portas do cine ás 21:05 para o photocall, e nos vindeiros días a película irá chegando aos cines galegos nas seguintes datas: 28 de marzo en Ourense, 4 de abril en Vigo, 11 de abril A Coruña e 18 de abril Pontevedra e Narón.

Producida por Vía Láctea Filmes, PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, asi como coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e Turgalicia.

Máis información contactando con Alberto Pereira no 655 811 714 ou no correo electrónico alberto@albertojackson.com. Ademáis, hai diverso material e información na páxina web de Vía Lactea Filmes: www.pradolongo.net