O Festival Internacional de Cine Euro Árabe Amal organiza nos mércores do mes de agosto un ciclo de cine con proxeccións sobre Palestina, tanto documentais como ficcións, que se enmarcará na programación do Festival dos Abrazos.

As proxeciones serán na Rúa Xerusalén ás 21:30 horas. O mércores 11 de agosto, proxectarase o documental Checkpoint Rock: canciones desde Palestina (duración 70 minutos).

O seguinte mércores, 18 de agosto, proxectaranse varias curtametraxes palestinas: Swesh, swesh (ficción, 22 minutos); My palestine, un documental de 20 minutos e Make a wish (ficción, 12 miutos).

As curtametraxes palestinas continuarán o seguinte mércores 25 de agosto coa proxección de: Last Station (documental, 7 min); Lesh Sabreeen (ficción, 20 min) e On the east side, un documental de 23 minutos.