A producción galega Avión, el pueblo ausente foi seleccionada no festival de documentais Documenta Madrid 2013, que terá lugar entre o 5 e o 12 de maio. Tras pasar polo OUFF de Ourense, Cineuropa en Santiago, FICG en México, Espiello XI en Boltaña (Huesca) e ser nomeada ao Mestre Mateo, agora é a quenda dun dos festivais de documentais máis importantes da actualidade.

Proxectarase na sección Panorama o mércores 8 de maio ás 19:00h, na Sala B da Cineteca de Matadero Madrid.