En “Artistas no museo”, Xurxo Gómez Chao impartirá os sábados do 19 de outubro ao 7 de decembro de 11.30 a 14.00h este obradoiro para adultos.

Obradoiro que introducirá o alumno no universo técnico e creativo de diferentes artistas galegos. Nesta ocasión estará impartido por Xurxo Gómez Chao, que centrará o seu traballo na creación e desenvolvemento dun proxecto artístico baseado na integración de diversos obxectos e materiais, a composición e execución dunha obra nas salas do museo e o fotografado e posterior edición dixital da obra. Prazas limitadas. Recomendado: coñecementos mínimos de photoshop, cámara de fotos e ordenador propios co programa instalado.

Matrícula: 30(Amigos Museo: 25)