A finais deste mes, a produtora CTV S.A., como Centro Colaborador de Formación Ocupacional dependente da Consellería de Traballo e Benestar, impartirá cursos de formación dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, cofinanciados polo fondo Social Europeo e a Administración do Estado.

Nesta ocasión, o curso está orientado a formar futuros luminotécnicos. Terán preferencia os interesados que se atopen en situación de desemprego que estean inscritos en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego con data anterior á súa incorporación ó curso. A productora contribúe así ao desenvolvemento do audiovisual galego, impartindo diferentes cursos de formación ao longo do ano que se axustan ás demandas do mercado laboral.

 

As accións formativas de CTV deberán ser solicitadas nas oficinas do Servizo Público de Emprego correspondentes e, posteriormente, os aspirantes terán que pasar probas de selección nas instalacións da produtora, situadas en Montouto (Teo).

 

A duración do curso de operador de cámara é de 479 horas. O nivel académico destes cursos equivale ó FPI de Electricidade e Electrónica de Consumo ou similar. Máis información chamando ó 981 509 202.

 

Ademáis do que agora está en marcha, impártense cursos de operador de equipos de televisión, editor e montador de imaxe, técnico de son, técnico en audiovisuais, operador de cámara, rexedor de escena ou infografista de medios audiovisuais, entre outros.