ARTERIA NOROESTE ACOLLE EN XUÑO UN CURSO E UN OBRADOIRO AUDIOVISUAIS

4 / 06 / 2010

O recinto de Arteria Noroeste acolle no mes de xuño, cursos e obradoiros de formación no eido audiovisual. O venres 4, ás 16.00 horas comeza un curso de “Avid Media Composer” impartido polo profesor David Pardo. O luns 7, ás 17.00 horas, Alejandro Albaiceta comezará a impartir un “obradoiro audiovisual e orientación para actores”.

 

4, VENRES, 16:00 h. 

 

ARTENET. “Avid Media Composer”. Profesor: David Pardo. Neste curso de 20 horas, entre o 4 e o 12 de xuño, David Pardo detallará os fundamentos do sistema de edición máis utilizado no mundo audiovisual. Máis información e inscricións: 981.569183 / gnieves@sgae.es.

 


 7, LUNS, 17:00 h.

 

FUNDACIÓN AUTOR. “Obradoiro audiovisual e orientación laboral para actores”. Profesor: Alejandro Albaiceta. Esta iniciativa, dirixida por Alejandro Albaiceta do 7 ao 11 de xuño, complementará as indicacións artísticas sobre o mundo da interpretación con consellos máis prácticos, de tipo incluso xurídico, sobre a profesión. Coproducido con Fundación AISGE. Máis información e inscricións: 981.569183 / gnieves@sgae.es.

Categoría: Noticias
Etiquetas: