O blog Acto de Primavera, creado polos críticos e programadores Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande, solicitou a opinión de 21 críticos e xornalistas galegos para elixir o mellor filme de 2012 desa Comunidade. En total, entraron na votación 28 títulos estreados durante o pasado ano, de autoría galega ou con presenza galega maioritaria na súa produción.

O filme galego ganador do I Premio Acto de Primavera, con 67 puntos, foi Arraianos, de Eloy Enciso, estreado en agosto do pasado 2012  no Festival de Cine de Locarno, e que percorreu desde entón outros certames como os de Sevilla, Tarragona ou Cineuropa de Santiago. Seguíronlle Montaña en sombra, de Lois Patiño, con 43 puntos; Anacos, de Xacio Baño, con 24 puntos; A brecha, de Marcos Nine, con 20 puntos; A cicatriz branca, de Margarita Ledo, con 16 puntos; Dous fragmentos/Eva, de Ángel Santos, con 15 puntos; Os incribles, de David Valero, con 14 puntos; e N-VIN, de Pela del Alamo, con 13 puntos.