CINE NO PATIO DO MUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIA

15 / 07 / 2014

Desde fai tres anos, o cineclube procura unha selección de filmes fora do marco da distribución comercial, que chamamos Marxes Fílmicas. Coincide que se principou a proxectar o citado ciclo no Museo Etnolóxico  Ribadavia, e  elixiuse este marco un ano máis, pero nesta ocasión, facendo coincidir as proxeccións en tres días seguidos desta semana (16, 17 e 18 de xullo), cunha ollada ao cine de Finlandia, grazas á colaboración inprescindible, do Instituto Iberoamericano de Finlandia.

As proxeccións serán o 16,17 e 18 de xullo, ás 20:30 horas, en VOSe (Versión orixinal subtítulada ao castelán), no patio do Museo Etnolóxico  Ribadavia, con entrada gratuíta.

O detalle da programación é como sigue:

 

Mércores 16 de xullo de 2014

A TEORÍA DE KORSO (KORSOTEORIA)

(2012, Finlandia) 30 min.

Dirección: Antti Heikki Pesonen 

Elli traballa nun almacén e está a buscar unha vida mellor lonxe de Finlandia. Non obstante, isto é máis doado dicilo que facelo. A película mostra a vida cotiá nun suburbio finlandés aderezada con dose dun humor negro e agridoce.

 

UNHA SEMANA TRANQUILA (HILJAINEN VIIKKO)

(2012, Finlandia) 18 min.

Dirección: Jussi Hiltunen 

Unha semana silenciosa é un curta que trata de dúas persoas que non se coñecen, pero que teñen que compartir a culpa por unha vítima inocente asasinada nun tiroteo fronte a unha discoteca.

 

Xoves 17 de xullo de 2014

A CARGA DO MEU CORAZÓN (SYDÄMENI TAAKKA)

(2011, Finlandia) 45 min.

Dirección: Iris Olsson,

Un grupo de homes está sentado diante dun cubo de auga limpando ósos. Unha nai de familia sen pernas reza durante o día na igrexa, pola tarde cos seus fillos e pola noite soa, envolvida na escuridade. Outros aldeáns reúnense á luz das velas para recordar os seus seres queridos. Algúns choran, a maioría non.

 

 

Venres 18 de xullo de 2014

UNHA CLASE ESPECIAL (OMAA LUOKKAANSA)

(2010, Finlandia) 67 min.

Dirección: Iiris Härmä

Emotivo documental no que se observa o último ano dunha extraordinaria clase e á súa profesora, Ulla. A clase fórmana once mozos con problemas de aprendizaxe para os cales estudar non está relacionado con entusiasmo, senón coa soidade, a frustración e o acoso escolar. Ulla ensinou teatro a nenos e mozos durante moito tempo, pero este ano, que tamén é o último como profesora, é moi especial. Ela revolucionará o currículo desta clase e achegarase aos once mozos dun xeito moi creativo.

 

Máis info, aqui.

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: