Voz Audiovisual, produtora de grandes éxitos de audiencia da Televisión de Galicia, como “Mareas vivas”, “Padre Casares” ou “Matalobos“, anuncia a estrea da súa nova serie para o próximo outono. A produtora anuncia cásting de figurantes con todo tipo de perfís, con ou sen experiencia. Só é necesario ser maior de idade. Voz Audiovisual, produtora de ficción de referencia en Galicia, anuncia a celebración dun cásting para persoas con ou sen experiencia ante as cámaras, o próximo luns, na Coruña. Búscanse varios perfís:


– Mulleres e homes de 18 a 90 anos con dispoñibilidade completa. Non é necesaria experiencia; só é necesario ser maior de idade e desenvolverse con soltura diante dunha cámara.

- Varóns de calquera idade que posúan unha motocicleta tipo enduro (preferiblemente que non estea nova, nin sexa de competición).

– Varóns con idades comprendidas entre os 25 e os 65 anos que teñan ademais de experiencia no sector, nocións de combate en escena.

-Varón de entre 20 e 26 anos con experiencia ante as cámaras.


O traballo será remunerado e con de alta na seguridade social.

Os interesados deben acudir, este luns 21 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:00, ás instalacións da produtora na Coruña (c/ Gambrinus, 97- Polígono da Grela). Aqueles que non poidan asistir poden enviar os seus datos persoais (nome e apelidos, DNI, dirección, n.º de telf. e n.º da seguridade social), xunto con 3 fotografías recentes á dirección de correo: ana.fontan@vozaudiovisual.com. En caso de ter experiencia, deben especificar cal.

A produtora, creadora de títulos xa míticos da Televisión de Galicia, como Mareas vivas, a incombustible Padre Casares, ou Matalobos, recentemente galardoada co premio á Mellor Ficción Europea nos Prix Circom, iniciará a finais de mes a gravación da súa nova serie, que chegará á TVG, en horario nocturno de máxima audiencia e de forma semanal, o próximo outono.