ANTONIO MOURELOS CONVÍDANOS A VER A SÚA CURTA S.O.S. O VENRES DÍA 3 NOV

2 / 11 / 2006

Comunícovos a presentación da miña curtametraxe «S.Ó.S.» o venres día 3 de novembro ás 19.30 na Facultade de Ciencias da Comunicación (máis coñecida por Xornalismo) de Santiago. Moi boas,
Comunícovos a presentación da miña curtametraxe S.Ó.S. o venres día 3 de novembro ás 19.30 na Facultade de Ciencias da Comunicación (máis coñecida por Xornalismo) de Santiago. Esta curtametraxe foi realizada nos estudios de Voz Audiovisual, S.A. en abril do 2006 e contou coas actrices Ledicia Sola e Nuncy Valcárcel e cos actores Monti Castiñeiras, Marcos Orsi e Pedro Picos. A presentación é para o equipo técnico e artístico e máis para todo aquel a quen lle apeteza asistir.
Gracias, (perdón, grazas) e un saúdo
Antonio Mourelos

Categoría: Noticias
Etiquetas: