A AGAG ORGANIZA A XORNADA “VIDEOXOGO. FASE 0. GUIÓN. I SEMINARIO DE GUIÓN DE VIDEOXOGO”

31 / 05 / 2011

A Asociación Galega de Guionistas organiza a xornada «Videoxogo. Fase 0: Guión. I Seminario de Guión de Videoxogo» que terá lugar o vindeiro luns 17 de xuño a partir das 16.30h na sede da SGAE en Santiago de Compostela.

Uns datos para poñervos os dentes longos. A industria do cinema facturou en salas en España o pasado ano 2010 640 millóns de euros, mentres que a industria do videoxogo tivo una facturación de case o dobre, 1245 millóns de euros, xerando máis de 1500 empleos directos e 3500 empleos indirectos. Nestes últimos anos empeza a haber facultades, cursos, seminarios e masters que forman estudantes para o desenvolvemento e diseño de videoxogos, porén apenas hai cursos de formación de guión de videoxogos. En tempos de crise e escasez de traballo como os que estamos a vivir, hai que saber adaptarse e cómpre aprender as técnicas de escrita dos novos e puxantes formatos audiovisuais cara onde se camiña no século XXI, quen sabe si o creador do próximo Comando, Resident Evil ou Call of Duty sae de aquí?  

Desde AGAG estamos orgullosos de anunciarvos que somos os primeiros en Galiza en organizar un seminario destas características. 

Idesvos perder esta oportunidade única de iniciarvos nos segredos da escrita dun videoxogo?

Algunha vez vos parastes a pensar como diaño se escribe un videoxogo? Escribe o que deseña? Deseña o que escribe? Ata onde chega o traballo dun guionista no desenvolvemento dun videoxogo? 

O vindeiro 17 de xuño de 2011 poderedes obter respostas a todas estas cuestións e a moitas máis se asistides a «Videoxogo. Fase 0: Guión. I Seminario de Guión de Videoxgo» que será impartido por Luis Felipe Blasco, guionista e deseñador do videoxogo de «Planet 51» (Pyro Studios), videoxogo homónimo da maior superprodución de animación da historia do cinema español e profesor no Master Univerdidade Juan Carlos/ Globomedia.

O contido do Seminario divídese en dúas partes: 

16.30h – 18.30h 

      1. Introdución ao concepto de videoxogo. Características especiais como contido audiovisual, breve historia e tipos de videoxogo.

       2. Videoxogos con guión. Descrición e análise.

       3. O papel do guionista de videoxogos. O guionista na industria. Descrición do traballo. Dificultades, necesidades, know-how, habilidades específicas.

 

     Descanso 15 min.

 

  18.45 – 20.45

     4. Escribir un videoxogo. Niveis de guión

     5. A industria do videoxogo en España.

     6. Previsións para o futuro.

 

   Actividade: «Videoxogo. Fase 0: Guión. I Seminario de Guión de Videoxogo»

   Lugar: Sede SGAE Santiago de Compostela – Rúa das Salvadas s/n

   Data: 17 de xuño de 2011

   Hora: 16.30 – 20.45

   Prezo: Gratuito (socios AGAG) / 25 € (non socios AGAG)

O Seminario é gratuito para para os socios de AGAG (os non socios ten que pagar 25 €) mais é obligatorio confirmar a asistencia via mail a Alfonso de la Puente ao seguinte enderezo alfondelapuente@hotmail.com

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: