Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijóo abren o ciclo de xuño, dedicado á Docuficción, cunha proxección ao redor da figura do famoso grafiteiro Banksy, un artista provocador  do que o único que se sabe é que se trata dun home de raza branca nado en Bristol. A proxección terá lugar este mércores 1 de xuño ás 20.30 e 23.00h.



Banksy

As súas primeiras obras esténdense por todo o mundo e, desque saíu á luz que famosos como Brad Pitt ou Angelina Jolie compraran as súas obras, a súa arte revalorizouse. Ademais de decorar muros coas súas imaxes de protesta anticapitalista, vende os seus cadros por ducias de miles de euros en casas de poxas..

 

16 Festival Internacional de Cine de Ourense

Pechado o prazo definitivo de admisión de películas, o 16 OUFF recibiu un total de 1.914 traballos de 95 países, un novo récord de recepción (houbo 2.303 inscricións online). Agora trabállase na selección  da competición co gallo de ofrecer unha escolla de primeira calidade cuxos primeiros resultados poderemos coñecer ao longo do mes de agosto. 

 

OUFF Infantil

Coa proxección de O soño dunha noite de San Xoán, o Festival de Cine Internacional de Cine de Ourense deu por pechado o ciclo OUFF Infantil para as mañás dos sábados (ás 11:30 h no Cinebox). A resposta do público foi excelente: pasaron un total de 478 persoas ao longo de todo o ciclo, case medio cento delas de media nas dez películas programadas.