ABERTO O PRAZO DE ENVÍO DE CURTAS PARA ‘OFESTIVALON’ 2010 DE RIBADEO

15 / 02 / 2010

Regresa, un ano máis, o Festival máis creativo do noroeste peninsular na súa sexta edición para mostrar as mellores curtametraxes do panorama galego, estatal e internacional. Os creadores que queiran participar deste certame poderán enviar os seus traballos dende hoxe e ata o 30 de abril.

Con todo un ano de celebracións do Xacobeo en Galicia,  OfestivalON 2010 súmase á lista de eventos culturais que farán desta comunidade a capital por excelencia no 2010. Así, este festival das artes audiovisuais mostrará ao seu público as derradeiras tendencias na realización de curtametraxes. 

Dende OfestivalOn apóiase a difusión e a promoción do pequeno formato a través da exhibición de novos creadores co fin de chegar a tódolos públicos. Tódolos realizadores e equipos que teñan interese por mostrar os seus traballos xa poden consultar as bases na web www.ofestivalon.com.

Categoría: Noticias
Etiquetas: